Skip to content

danielfeitopin/notas-fic

Notas FIC

Portal estatístico para as materias das titulacións da FIC.

Python HTML5 CSS3 JavaScript SQLite Flask SQLAlchemy Chart.js

License GitHub issues REUSE status

GitHub stars GitHub watchers GitHub forks

📊 NotasFIC é un proxecto de código aberto que ofrece unha plataforma para visualizar datos históricos de resultados dos diferentes graos da Facultade de Informática da Universidade da Coruña. O proxecto ten como obxectivo proporcionar unha ferramenta útil para estudantes e calquera persoa interesada en analizar a evolución dos resultados académicos ao longo do tempo.

Como xordeu esta idea?

ℹ️ O portal de estudos da UDC só amosa os datos dos últimos 3 cursos académicos (e ás veces nin sequera xa que están repetidos). Quen non quere revivir vellos tempos e ver como evolucionaron os resultados dos seus graos ao longo dos anos? Ademais, a información histórica é esencial para identificar tendencias, avaliar o rendemento académico e tomar decisións informadas sobre a educación superior.

❓Por outra banda, o formato no que aparecen os datos no portal de estudos dificulta a visualización áxil de preguntas que todos nos facemos, como pode ser Cal é a asignatura con menor taxa de aprobados do grao?. Actualmente habería que ir vendo a ollo ata onde alcanza cada barra verde ou mesmo calcular as porcentaxes de aprobados "a man" para todas as asignaturas do grao.

🤔 Se quixeramos comparar os diferentes graos entre si, ou mesmo comparar os resultados de cada grao ao longo dos anos, a tarefa sería aínda máis ardua. No primeiro caso, teríamos que acceder ao portal de estudos para cada grao e comparar os datos visualmente. No segundo caso, teríamos que mudar de lapela entre os anos académicos constantemente.

💡 Polo tanto, o noso proxecto trata de resolver estas limitacións proporcionando unha plataforma centralizada onde os usuarios poden acceder tanto a datos históricos que xa non están dispoñibles no portal de estudos oficial, como a datos de varias titulacións ao mesmo tempo.

Portal de estudos VS NotasFIC

Característica Portal de estudos oficial NotasFIC
Datos históricos 3 anos (como máximo) Histórico completo
Comparación entre graos Manual A unha soa ollada
Evolución temporal dos resultados A demasiados clicks de distancia Gráficas moi chulas
Visualización de métricas fundamentais Ármate de paciencia Instantáneo e ao teu gusto

As nosas armas ⚒️

Ferramenta Uso no proxecto
Python Scrapping, análise de datos e API
Flask Framework para a API
SQLAlchemy ORM para a xestión da base de datos
BeautifulSoup Scrapping web
HTML/CSS/JS Frontend
Chart.js Biblioteca para gráficos interactivos

Ao ataque!

Para empregar esta plataforma debense seguir os seguintes pasos:

  1. Clonar o respositorio.
  • Abre unha terminal, diríxete ao directorio que máis che guste e executa o seguinte comando:
git clone https://github.com/danielfeitopin/notas-fic.git
  • Entra no proxecto.
cd notas-fic
  1. Instalar dependencias.
  • Crea un entorno virtual de Python (nós empregamos venv).
python3 -m venv .venv
source .venv/bin/activate # Linux
.\venv\Scripts\activate # Windows
  • Descarga o indicado no arquivo requirements.txt
pip install -r requirements.txt
  1. Inicia a túa aventura.
  • Executa o comando:
python -m flask run --port=5000

Note

Podes indicar outro número de porto dispoñible se o prefires.

Licencia

📃 Este proxecto está licenciado baixo a GNU General Public License version 3. Pódese atopar unha copia desta licencia no arquivo LICENSE, e na carpeta LICENSES.

Permisos Condicións Limitacións
🟢 Uso Comercial 🔵 Revelar a fonte 🔴 Fiabilidade
🟢 Distribución 🔵 Aviso de licenza e "copyright" 🔴 Garantías
🟢 Modificación 🔵 Mesma licenza
🟢 Uso de patente 🔵 Cambios de estado
🟢 Uso privado

Táboa baseada en choosealicense.com

Por que esta licencia?
  • Proteccións xurídicas melloradas
  • Consideracións éticas
  • Sostenibilidade a longo prazo

Dependencias empregadas e as súas licencias

Paquetes de terceiros:

Compoñente Licencia
beautifulsoup4_img beautifulsoup4_license_badge
Flask_img Flask_license_badge
requests_img requests_license_badge
SQLAlchemy_img SQLAlchemy_license_badge

Limitacións do proxecto

⚠️ Aínda que estamos cheos de boas intencións, o tempo é limitado e o proxecto non é perfecto. Algunhas limitacións a ter en conta:

  • Os datos históricos poden non estar completamente actualizados ou poden conter erros, xa que non están dispoñibles no portal de estudos oficial.
  • Os gráficos son limitados de momento, pero esperamos que sirvan de exemplo para que outras persoas podan melloralo e adaptalo ás súas necesidades.
  • Actualmente só traballamos con datos de 2 graos (GCED e GIA), a modo de exemplo.
  • A visualización é fundamentalmente de datos sobre resultados de asignaturas, mais non se inclúen outros datos que poden resultar interesantes e que tamén están dispoñibles no portal de estudos.

Traballo futuro

🚀 O proxecto está en constante evolución e temos moitas ideas para mellorar e ampliar as funcionalidades. Algúns dos plans futuros inclúen:

  • Incluír datos do GEI, que ten moitas máis asignaturas e máis anos académicos.
  • Mellorar e ampliar os gráficos para ofrecer unha visualización máis completa e interactiva dos datos.
  • Incorporar datos sobre as taxas a nivel de titulación e de centro (se pescudas polo noso código verás que xa dimos algúns pasiños nesa dirección).

Un chisquiño sobre nós

Daniel Feito (GEI + MUNICS)

Backend (scrapping) e dirección do proxecto.

GitHub LinkedIn

Lúa Rico (GCED)

Backend (base de datos e API).

GitHub LinkedIn

Mario Ozón (GEI)

Frontend e API.

GitHub LinkedIn

Agradecementos

🫂Este proxecto non tería sido posible sen a colaboración de pequenas persoas anónimas que capturaron os datos do portal de estudos no momento correcto e o compartiron de xeito público no gran Arquivo de Internet. Grazas a eles, é posible (non sen traballo) recuperar estes datos históricos tan valiosos (sobre todo para os nostálxicos).

Apoia este proxecto

⭐ Se atopas que este proxecto é útil ou interesante, por favor, considera darlle unha estrela no repositorio de GitHub. O teu apoio axúdanos a mellorar e manter o proxecto!

About

Portal estatístico para as materias das titulacións da FIC

Resources

License

Code of conduct

Contributing

Security policy

Stars

Watchers

Forks

Contributors